ILUSTRACIÓN. MENSAXE. COMUNICACION.

A ilustración é unha aliada no combate simbólico contra o patriarcado, as inxustizas sociais e os discursos que fomentan as fendas da desigualdade e da intolerancia.

Ademais é unha ferramenta creativa con gran capacidade para a xeración, reprodución e transmisión de significados e referentes alén da estética. Un medio de expresión artística cun gran poder de comunicación. As miñas ilustracións son xanelas a universos onde as mulleres e os colectivos máis invisibilizados son axentes actives e protagonistas das súas propias historias.

Teño traballado para diversas publicacións e medios, pero o proxecto de ilustración que máis orgullo me trae é o de Mulleres Bravas da Nosa Historia de Urco Editora.